Oroxenia famatiniana
A oroxenia famatiniana ou oroxenia de Famatina (pola localidade arxentina de Famatina) foi un episodio de formación de montañas anterior ao erguemento dos Andes que tivo lugar no que hoxe é o oeste de Suramérica[nota 1] durante o Paleozoico, que orixinou a formación do oróxeno famatiniano, tamén chamado cinto famatiniano. A oroxenia famatiniana durou desde o Cámbrico tardío a polo menos o Devoniano tardío e posiblemente incluso o Carbonífero temperán, e a súa máxima actividade oroxénica tivo lugar hai de 490 a 460 millóns de anos.[1] A oroxenia implicou o metamorfismo e a deformación da codia terrestre e a erupción e intrusión de magma ao longo do arco magmático famatiniano que formou unha cadea de volcáns.[2] As rochas ígneas do arco magmático famatiniano son de carácter calcoalcalino e comprenden gabros, tonalitas e granodioritas. As rochas ígneas máis novas do arco son granitos.[1]
A relación da oroxenia cos batólitos de Achala e Cerro Áspero do centro da Arxentina non se comprende totalmente. Estes batólitos do Devoniano son posiblemente postoroxénicos.[3][4]
Afloramentos e sedimentos
[editar | editar a fonte]Os principais afloramentos do oróxeno famatiniano encóntranse nas Serras Pampeanas do noroeste da Arxentina.[1][5] Só a parte occidental das Serras Pampeanas conserva probas da oroxenia famatiniana; as partes orientais parece que non foron apenas afectadas.[1] No norte de Chile o complexo metamórfico de Belén crese que forma parte do oróxeno, xa que estivo sometido a metamofismo no Paleozoico temperán.[5] Ao sur, na provincia de La Pampa, os afloramentos asociados coa oroxenia son escasos porque a maioría da rexión quedou cuberta por sedimentos moito máis recentes do Cuaternario.[6]
Na Cordilleira Oriental do Perú hai restos dunha oroxenia "famatiniana" que son da mesma época que a oroxenia famatiniana clásica observada no sur. No período de tempo que vai desde hai 480 a 435 millóns de anos (Cámbrico tardío a Silúrico) as rochas da Cordilleira Oriental foron deformadas e desenvolveuse un arco magmático.[7]
Cara ao que agora é o leste do arco magmático famatiniano durante o Ordovícico unha cunca sedimentaria precámbrico converteuse nunha cunca tras arco. Esta cunca ía desde Perú, a través de Bolivia ao noroeste da Arxentina. A cunca recolleu os sedimentos do oróxeno e arco famatiniano e, aínda que non contiña codia oceánica, era unha cunca mariña.[8]
Tectónica
[editar | editar a fonte]O magmatismo do arco famatiniano foi causado pola subdución da litosfera do océano de Xápeto por debaixo de Gondwana.[6] A medida que avanzou a subdución, o punto culminante da oroxenia chegou como resultado do choque do terreo de Cuyania (nomeado pola rexión arxentina de Cuyo) con Pampia no Ordovícico.[9]
Suxeriuse que a oroxenia tacónica apalache contemporánea é a continuación cara ao norte da oroxenia famatiniana.[nota 2] Isto foi explicado engadindo que o continente de Laurentia podería ter colisionado con Gondwana (no que agora é o oeste de Suramérica) no Paleozoico temperán debido ao peche do océano de Xápeto.[10] Para apoiar esta hipótese suxeriuse que o oróxeno ten "extremos truncados" que poden encaixar e que ambos comparten o feito de ter sedimentos de plataforma carbonatados no que hoxe son as súas partes occidentais.[10][11] Ademais, nos mencionados sedimentos ambos os oróxenos conteñen unha fauna similar de trilobites olenélidos, que é algo que non se espera a non ser que ambos os oróxenos tivesen algún tipo de contacto.[10] Isto é así porque os trilobites non teñen a capacidade de cruzar cuncas oceánicas profundas.[12] De acordo con este escenario o terreo de Cuyania sería un bloque alóctono de orixe laurentina que quedou en Gondwana despois de que os continentes se separsen. Pero esta idea é tamén cuestionada porque se suxeriu alternativamente que Cuyania se moveu á deriva polo océano de Xápeto como un microcontinente empezando en Laurentia e acrecionándose despois con Gondwana. Ademais, un terceiro modelo sostén que Cuyania é un paraautóctono e chegou á súa localización actual por movementos de fallas transcorrentes ou de desgarre que non empezaban en Laurentia senón noutra rexión de Gondwana.[9] O feito que o terreo da Precordilleira teña moitos xéneros de trilobites en común con Laurentia pero que moitas especies sexan endémicas levou a interpretacións diverxentes sobre que condicións de historia tectónica e paleoxeografía serían explicacións plausibles para esta bioxeografía.[12]
Notas e referencias
[editar | editar a fonte]- Notas
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Alvarado, Patricia; Castro de Machuca, Brígida; Beck, Susan (2005). "Comparative seismic and petrographic crustal study between the Western and Eastern Sierras Pampeanas region (31ºS)" (PDF). Revista de la Asociación Geológica Argentina 60 (4): 787–796.
- ↑ González, Pablo Diego; Sato, Ana María; Basei, Miguel A.S.; Vlach, Silvio R.F.; Llambías, Jorge (2002). Structure, metamorphism and age of the Pampean-Famatinian orogenies in the western Sierra de San Luis (PDF). Actas XV Congreso Geológico Argentino. Consultado o 18 September 2015.
- ↑ Lira, Raúl; Kirschbaum, Alicia M. (1990). "Geochemical evolution of granites". En Mahlburg Kay, Suzanne; Rapela, Carlos W. Plutonism from Antarctica to Alaska. Geological Society of America Special Paper 241. p. 67–76.
- ↑ Pinotti, L.P.; Coniglio, J.E.; Esparza, A.M.; D'Eramo, F.J.; Llambías, E.J. (2002). "Nearly circular plutons emplaced by stoping at shallow crustal levels, Cerro Aspero batholith, Sierras Pampeanas de Córdoba, Argentina". Journal of South American Earth Sciences 15 (2): 251–265.
- ↑ 5,0 5,1 Hervé, Francisco; Faundez, Victor; Calderón, Mauricio; Massonne, Hans-Joachim; Willner, Arne P. (2006). "2. Metamorphic and plutonic basement complexes". En Moreno, Teresa; Gibbons, Wes. Geology of Chile. Geological Society of London. pp. 5–19. ISBN 9781862392199.
- ↑ 6,0 6,1 Chernicoff, Carlos J.; Zappettini, Eduardo O.; Santos, João O.S.; Allchurch, Shelley; McNaughton, Neal J. (2010). "The southern segment of the Famatinian magmatic arc, La Pampa Province, Argentina". Gondwana Research 17: 662–675. doi:10.1016/j.gr.2009.10.008.
- ↑ Chew, David M.; Pedemonte, Giovanni; Corbett, Eoghan (2016). "Proto-Andean evolution of the Eastern Cordillera of Peru". Gondwana Research 35: 59–78.
- ↑ Bahlburg, Heinrich; Vervoort, Jeffrey D.; DeFrane, S. Andrew; Carlotto, Victor; Reimann, Cornelia; Cárdenas, José (2011). "The U-Pb and Hf isotope evidence of detrital zircons of the Ordovician Ollantaytambo Formation, southern Peru, and the Ordovician provenance and paleogeography of southern Peru and northern Bolivia". Journal of South American Earth Sciences 32 (3): 196–209. Bibcode:2011JSAES..32..196B. doi:10.1016/j.jsames.2011.07.002.
- ↑ 9,0 9,1 Vujovich, Graciela I.; van Staal, Cees R.; Davis, William (2004). "Age Constraints on the Tectonic Evolution and Provenance of the Pie de Palo Complex, Cuyania Composite Terrane, and the Famatinian Orogeny in the Sierra de Pie de Palo, San Juan, Argentina". Gondwana Research (Facultad de Ciencias Exactas y Naturales, Universidad de Buenos Aires) 7 (4): 1041–1056. ISSN 1342-937X. doi:10.1016/s1342-937x(05)71083-2. Consultado o 18 September 2015.}
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Dalla Salda, Luis H.; Dalziel, Ian W.D.; Cingolani, Carlos A.; Varela, Ricardo (1992). "Did the Taconic Appalachians continue into southern South America?". Geology 20 (12): 1059–1062. Bibcode:1992Geo....20.1059D. doi:10.1130/0091-7613(1992)020<1059:DTTACI>2.3.CO;2. Consultado o 18 September 2015.
- ↑ Dalla Salda, Luis H.; López de Luchi, Mónica.; Cingolani, Carlos A.; Varela, Ricardo (1998). "Laurentia-Gondwana collision: the origin of the Famatinian-Appalachian Orogenic Belt (a review)". En Pankhurst, R.J.; Rapela, C.W. The Proto-Andean Margin of Gondwana 142. Geological Society, London, Special Publications. pp. 219–234.
- ↑ 12,0 12,1 Bordonaro, Osvaldo (2016). "Trilobites laurénticos de la Formación La Laja (Cámbrico), Precordillera de San Juan, Argentina: un aporte biogeográfico al modelo alóctono de Precordillera". Revista de la Asociación Geológica Argentina (en castelán) 73 (4).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Animación da tectónica de placas mundial; repárese na traxectoria de Cuyania (en vermello) desde 0:20 en adiante.